jueves, 7 de mayo de 2020

TAREFA 7/5/20

TAREFA LINGUA GALEGA: DADOS E RELATOS!
Data límite de entrega: mércores, 13 de maio.
Actividades a entregar: actividade 3 e 4.
Bo día, hoxe tócanos crear un texto; en concreto un relato. 
Déixovos unhas ligazóns para acceder á información que necesitades e poder así conseguir crear un  relato superchulo.

Actividade 1:Estilo indirecto
Le a información e realiza o exercicio no teu caderno. Preme aquí: Estilo indirecto

Actividade 2: Para non perder o fío.
É importante ao escribir ou contar un relato situalo nun lugar e nun tempo concreto, ditos escenarios ou marcos temporales e espaciales poden ir variando ao longo da historia . A isto chámaselle marco do relato, é importante indicalo para non perder o fío.
Preme na ligazón: Espazo e tempo

Actividade 3: Obradoiro de expresión.

  • Planifica: fai unha lista cos verbos que necesitarás. 
  • Conxugador de verbos en galego Nesta ligazón poderás consultar como se escriben con corrección os distintos tempos verbais que empregues na túa creación literaria.  Recorda que os verbos irregulares son aqueles que ao conxugarse alteran o seu lexema, cambiando a modificación natural que lles correspondería según o modo e o tempoNon sexas lacazán e úsao! Desta xeito aseguraraste de escribir correctamente o verbo nos distintos tempos e modos.
  • Lembra que despois do verbo debes escribir para o estilo indirecto que ose.
  • Escribe a historia empregando diferentes espazos e tempos, é dicir que a trama do relato debe suceder en diferentes lugares e pasar polo  presente, o pasado e o futuro.
  • Le o texto en alto e comproba  que teña sentido.
  • Revisa os tempos verbais e corrixe a ortografía.
Agora que tes todas as indicacións observa os dados e crea o teu relato con todos eles. Debes escribilo preferiblemente no documento que temos compartido. Non esquezas ilustralo, poñerlle título e asinalo cun pseudónimo.    Como chegar ao documento compartido.




Actividade 4: Familia léxica

  1. Recordamos o que é a familia léxica, preme aquí. Familia léxica
  2. Escolle tres dados e escribe a familia léxica de cada un deles, cada familia debe conter cinco palabras.
  3. Crea unha nube de palabras ca familia léxica que máis che guste. Podes usar o: Tagul ou diseñar unha ti e facela a man. Se pode ser incorpora a tua nube de palabras ao documento compartido, se necesitas axuda para facelo pídema ( preme en inserir- imaxe- cargar desde o ordenador)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB