Entrega: xoves 14, maio.
Actividades de entrega : Actividade 3 e 4.
Actividade 1: O aparato excretor.
- Le atentamente no teu libro de texto de Ciencias Naturais a información sobre o aparato excretor
- Realiza no caderno os exercicios de traballo coa imaxe ( páx. 56 ) e comprendo pensa e investiga (páx. 57).
- Información sobre o aparato excretor.
Xoga: aparato excretor.
Actividade 3: Canto sei sobre a nutrición?
Preme nas ligazóns e demostra o que sabes, recorda poñer o teu nome verdadeiro cando xogues para que eu poida saber que a entregaches.
Actividade 4: Investigo!
- Pescuda información sobre algunha enfermidade que afecte ao aparato excretor e outra que afecte ao aparato dixestivo, trata os seguintes aspectos: definición, causas, síntomas e tratamento.
- Utiliza o formato que mellor se che adapte para facelo con gusto ( no caderno, nun folio, empregando un editor/procesador de texto, power point, genially ...).
- Agora chegou o momento de ensinar todos os traballos que realizastes sobre as enfermidades dos distintos aparatos que interveñen na nutrición. Se podedes subide os vosos traballos ao muro virtual cun enlace ou cunha foto, deste xeito todos podemos aprender de todos.
- Muro virtual: Un lugar onde compartir. Subide cada traballo no lugar que corresponde. No caso de non ser capaz envíao por correo electrónico (mestraciencias@gmail.com)
( Moitos e moitas de vós tedes pendente a tarefa de Sociais: Un viaxe por Europa, outros podedes melloralas e cumprir os requisitos que se indican; espero os vosos traballos)
Boa fin de semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.