domingo, 7 de junio de 2020

RELIXIÓN.- (quincena final)

Ola. Esta QUINCENA propóñovos que vexades unha curtametraxe titulada "BINTA Y LA GRAN IDEA" que forma parte da película "En el mundo a cada rato" na que cinco directores mostran a súa versión sobre distíntas realidades que afectan á infancia e polas que UNICEF traballa en todo o mundo. Esta curta mostra os problemas aos que se enfrontan os nenos e nenas en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. Espero que vos guste,... aparte de que podedes practicar o aprendido en francés. Xa me contaredes!!! Tamén deixo ENLACE a unha ficha de traballo. Podedes elixir entre a páx 1 ou a 2. E esta é a tarefa final deste curso "especial"!!!. Eu xa me vou despedindo. Decirvos que para mín sodes  moi importantes. Quérovos moito!!! Disfutade das vacacións!!!Unha aperta moi grande para tod@s. Mercedes



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB