Ola chic@s. Xa estamos en maio. Mes das flores e da Virxe María, Na sesión anterior fixemos unha lembranza ás nosas nais, e nesta sesión imos facelo á nai de Xesús: A VIRXE MARÏA.
- Empezamos recordando a súa vida con unha película de debuxos animados.
- Para valentes, un pasapalabra. Este pasapalabra non "pasa" ningunha falta de ortografía, Atención as tildes tamén.
- Si se vos atraganta o pasapalabra e preferides pintar: "Como dibujar la Virgen María" por poñer un exemplo; pero, vós sodes os artístas e podedes elixir a vosa obra de arte.
- Finalizamos con un traballo de investigación ...ou creación. Escribimos unha oración diferente, (que sabe a nosa familia, que sabemos nós,...e non saben no resto do planeta) ou un poema ( na miña aldea no mes de maio os nenos pequenos e os que fan a Primeira Comunión recítanlle versos á Virxe) E sí non o conseguimos...entón inventámola.
- Eu fixen a miña investigación e topei esto:
" Padrenuestro pequeniño/ lévame por bo camiño/ alá fun, alá cheguei/ tres Marías encontrei/
preguntando por Xesús/ e Xesús estaba na cruz/ na cruz e no altar/ cos braciños a sangrar./
Tente, tente Madalena/ non me vaias lastimar/ que estas son as tres cruces/ por ti, por min e por toda a cristiandá." [Recompilado en Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis (Pontevedra) por Maria j. Sanjiao Villanueva] Observacións: De tradición oral foi pasando de avós a netos ata que o meu avó, Celestino Sanjiao Carballal, mo ensinou a min cando eu era cativa.
O pai ten unha versión diferente: Padrenuestro que ven o maestro co pau levantado, fuxide rapaces que ven rabiado".

Escollín esta versión polo cariño que lle teño a xente desa zona e porque moitos de vós tedes raices alí...e seguro que podedes ampliar a investigación.
O meu correo: mbmreli20@gmail.com
O meu correo: mbmreli20@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.