jueves, 23 de abril de 2020

Tarefas para 6ºB (23/04/2020)

Tarefa de lingua: Pioneiras do mundo
Envío desta tarefa de lingua ao correo eléctrónico.
Data de entraga: Luns, 27/4/20
Actividade 1: 
Esta actividade é unha proposta da mestra Marta do programa ARCO para o alumnado de 6º, grazas Marta.
Realiza a comprensión lectora proposta no seguinte enlace.
Pioneiras do mundo
Actividade 2: 
Elaborar un cartel que conteña un retrato de MC (o que ti escollas debuxar)  e que inclúa algunha das frases de Marie Curie; a do último parágrafo  do texto ou outra que para ti sexa relevante.
Retrato MC

Tarefa de Naturais: O aparato circulatorio e o sangue 
Bota man do teu libro de texto, le a información sobre o aparato circulatorio e o sangue.
A continuación realiza os exercicios da páxina 52 de traballo coa imaxe e da páxina 53 o exercicio 1 e 2.
Preme neste link se non tes o libro de texto:Aparato circulatorio e o sangue

Tarefa de matemáticas: Rápido, rápido ... cálculo mental.
Por se aínda vos quedan ganas de seguir, déixovos un enlace a un xogo para fortalecer o voso cálculo mental; seguide as instrucións e tentade resolver os tres niveis o máis rápido posible: Cálculo mental


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB