Ola a todos e a todas!
Esta semana continuaremos o traballo cunha das cancións
míticas dun grupo musical coñecido por todos: QUEEN e o seu “We will rock
you” .
Foi editada por primeira vez no álbum “News of the world” no
ano 1977, e foi composta polo guitarrista da banda, Brian May.
Esta canción é moi característica porque a maior parte dela está
interpretada só por palmas e golpes no chan, acompañados pola voz do cantante (Freddie Mercury), o bombo e un só final
de guitarra.
O
ritmo é o seguinte: RITMO
Pinchando AQUÍ podedes ver o videoclip da canción.
TAREFA 1 : Práctica do estribillo coa frauta
( 1º pentagrama) . As notas son:
Do´ – Si
– La – Sol – La La - sh - sh - sh
Do´ – Si
– La – Sol – La La - sh - sh - sh
Primeiro practicade sen o audio, e logo podedes practicar co
audio do vídeo.
Déixovos outra partitura por se queredes practicar un pouco
máis: RITMO 2
TAREFA 2: Coreografía. Aquí tedes un enlace para mover o corpo a ritmo de rock.
(NOTA: comentádeme polo correo electrónico gcoramusica@gmail.com se vos sae
a parte da frauta e a coreografía).
Moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.