Ola a tod@s . Como estades? Espero que ben. Eu teño
moitas gañas de volver ao cole, imaxino que vós tamén. Bótovos moito de menos.
Mentres seguimos dende as casas tentarei non sobrecargar de materia e
prescindir da impresora. Iremos vendo maneiras diferentes de facer na clase de
reli. Vós tamén podedes aportar ideas. Este é o meu correo de contacto: mbmreli20@gmail.com
- Empezamos repasando a Semana Santa. Tradicións: as procesións, co seguinte video: https://www.youtube.com/watch?v=9VmUUb__4nM&feature=emb_logo
(Fixádevos que non coinciden
as datas dos festivos do video coas do ano en curso). Podemos investigar cal é o motivo de que cada ano se
celebre en datas diferentes
- Rematou a Semana Santa e xa estamos na Pascoa. Sempre que empezamos un tempo litúrxico, lembramos o ano litúrxico. Imos facelo con este video: https://slideplayer.es/slide/1053089/
(Nós na clase facíamolo con un círculo.
Podedes inténtalo)
- E se
vos apetece pintar,( que non colorear) podedes dibuxar a
Xesús.
Exemplo: “Como dibujar a Jesúsde Nazaret. Dibujo a
lápiz
(video en youtube (7:21) – Easy Art .
Repasamos a última semana de Xesús; pero, a min tamén me
importa saber como “celebrastes” vós estas datas? Como foron os días de
confinamento? Que aprendimos? Que botamos de menos? Como vos sentides? Que
tradicións temos nas nosas familias?
Como son as procesións en Cuntis? Recibistes o ovo de Pascoa? ….Todo o que
queirades contar e como o queirades contar podedes mandalo ao meu correo ou
gardalo para velo cando volvamos ao cole. Unha grande aperta e ata a próxima
sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.