miércoles, 15 de abril de 2020

MÚSICA (16-04-20)


Ola rapazas e rapaces!

Como estades? Espero e desexo que moi ben. Eu teño moitas ganas de volver á normalidade, pero aínda temos que esperar e ser un pouco máis fortes.

Para poder combatir a nosa rutina, o que aconsello a todos é cantar e bailar moito, todos os días, calquera tipo de canción , grupo ou estilo musical. O importante é facelo. Xa veredes como vos sentides xenial!

Continuaremos co traballo de música desde as casas, repasando contidos e practicando ritmos e melodías. Así que …. Imos a empezar! 



TAREFA 1

Ficha de linguaxe musical: signos de prolongación do son (o punto e a ligadura)
Lembramos que o punto suma á figura a  metade da súa duración e a ligadura suma os valores das figuras que une.





TAREFA 2

Imos a xogar! Propóñovos un xogo de recoñecemento auditivo con bandas sonoras de 22 películas, algunhas moi coñecidas. Para recoñecer a película tedes un tempo de 18 segundos, e logo xa se vos descobre a película da que se trata. 
Podedes anotar os acertos ou erros que tivéstedes.
Para empezar pincha aquí    BSO


Para comentarme que tal vos foi, resolver calquera dúbida ou enviarme o material, podedes facelo no seguinte correo electrónico: gcoramusica@gmail.com


Mándovos unha aperta enorme e moito ánimo!!

Geni



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB