miércoles, 15 de abril de 2020

Google Classroom



Temos unha fantástica nova para todos vos:  imos seguir o curso mediante Google Classroom! Pensamos que, co moito que sabemos que vos gustan os ordenadores e, sobre todo, os móbiles, qué mellor que empregalos tamén para estudar!

A Google Classroom pódese acceder dende un ordenador e dende terminais móbiles Android e iOS:
- Ordenador:Abrir a seguinte url nun navegador: https://classroom.google.com/
- Android: Instalar a app dende Google Play ou dende https://play.google.com/store/apps/details?id=com.google.android.apps.classroom&hl=es_419
- iOS: Dende o App Store ou dende a dirección https://apps.apple.com/es/app/google-classroom/id924620788

Mostramos os pasos a seguir para engadirse ao curso de matemáticas, que será análogo para outras materias.

Ordenador
1.- Abrimos nun navegador a dirección https://classroom.google.com/
2.- Entramos coa nosa conta de correo de gmail ( a que empregades para o hangouts por exemplo)
3.- Pulsamos a opción para apuntarnos a unha clase.
4.- O código de matematicas é dnvlbhc. O código de lingua galega é w2zhqek.
 

5.- Na pestaña "Trabajo de Clase" tedes a primeira clase (repaso) e os exercicios a facer.


Móbil (exemplo con Android)
1.- Unha vez instalada a App (ver enlace no párrafo inicial) , abrímola e pulsamos "Empezar"

2.- Eleximos a nosa conta e entramos (móstrase un exemplo, cada alumno entrará coa súa conta)


3.- Pulsamos engadir

4.- Pulsamos en apuntarse a una clase

5.- O código da clase é dnvlbhc. O código de lingua galega é w2zhqek.

6.- Xa podemos acceder ao contido da materia ( en vindeiros días compartiremos o de outras nas que vos teredes que ir engadindo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB