RELIXIÓN.- (Semana do 25 ao 29 de maio)
Ola a tod@s. É posible cambiar o mundo? Qué podemos facer nós para mellorar o mundo no que vivimos?
Esta semana propóñovos 2 fragmentos da película "cadena de favores" nos que podemos ver como un profesor plantea un insólito "TRABALLO" e a ambiciosa "RESPOSTA" de un alumno de 11 anos. Que vos pareceu? Vós xa sabedes da importancia de axudar e da capacidade que tedes para cambiar as cousas.
Agora escoitamos un rap "CADENA DE BONDADES" que trata de concienciar sobre a posibilidade de facer un mundo mellor, sabendo que cada xesto conta... por pequeno que sexa. Cada un de nós podemos formar parte desa cadea de bondades reais. Con ela traballaremos a importancia da SOLIDARIEDADE (axudar de maneira incondicional e desinteresada ás persoas, especialmente si están en situacións difíciles).
1. Como podes practicar tí a solidariedade?
2. Na situación que estamos a vivir vemos moitos exemplos de solidariedade. Busca algunha nova que fale dunha boa acción que axude a mellorar a vida dos demais.
3. Facer un "CARTEL" ( tuneado ao voso gusto) coa frase do Papa Francisco, convidándonos a formar parte do cambio.
Para finalizar, decirvos que as notas da 3ª avaliación e final, farase aplicando a media das cualificacións da 1ª e 2ª avaliación, engadindo 1 punto si partipaches nas actividades que propuxen no 3º trimestre. Boa semana!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.