Ola chic@s. Lembramos que o 15 de maio celébrase o día internacional das familias (o mellor tesouro que poidamos ter), e que chamamos "Sagrada Familia" a formada por Xesús, A Virxe María e San Xosé. Pero, Sagrada Familia tamén é un monumento moi coñecido e que eu teño moítisimas gañas de visitar. É un templo adicado á vida de Xesús e da súa familia. Empezouse a construir en 1882 e aínda está sen rematar. O arquitecto que o deseñou dimitiu un ano despois do inicio das obras e encargouse o traballo a Antonio Gaudí. (Premendo no nome podemos coñecer cousiñas sobre este arquitecto e a súa obra.)
Apetécevos acompañarme nesta viaxe. Estou segura de que vos vai a sorprender. Alá imos!!! Aquí tedes un enlace para poder visitalo...virtualmente. Disfrutádeo!!! Atoparedes varias pestañas, premede nunha onde pon "pináculo" e veredes as torres. A que impresionan? Cada torre representa a un personaxe moi importante. Aquí tedes máis información por si queredes botarlle unha ollada.
Xa me diredes si vos gustou esta viaxe e os-as que xa foran visitalo, poden darnos máis detalles. Podedes contar que foi o que máis vos sorprendeu de Gaudí e da Sagrada Familia.
Tamén podedes propoñer unha viaxe que vos gustaría facer ou que xa fixestes, contando o motivo porque a elexides, o lugar, acompañantes, cousas que alí se poden ver ou facer, etc.
Ata a próxima semana!!! Que disfrutedes moito da familia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.