domingo, 26 de abril de 2020

RELIXIÓN.

Ola chic@s. Unha semana máis dende as casas; pero, agora con "recreo". Imos avanzando!!!
Esta semana tamén temos unha data para celebrar por partida dobre. Se vos pregunto: que celebramos o domingo 3 maio?...imaxino maioría absoluta "o día da nai". Si, é certo; pero tamén se celebra O DÍA DA CRUZ. Sempre é o 3 de maio. Póñovos  enlace: "El origen a la cruz de Mayo".
 Podemos elaborar unha cruz co que teñades a man e decorala como vos pareza mellor. Trátase de botarlle imaxinación e disfrutar realizándoa.

E agora sí que pasamos a celebración do DÍA DA NAI. En España, o día da nai celébrase o 1º domingo de maio. Este ano é o día 3, e coincide co día da Cruz. Pero non en todos os países se celebra este día. Para que saibades desta e outras curiosidades sobre a orixe do día da nai, veremos un video de "el listo que todo lo sabe".
Dende a clase de relixión queremos lembrarnos especialmente de todas as nais e agradecerlle todo o seu AMOR. Persoalmente felicito ás mamás deste cole por est@s nen@s tan estupen@s que "temos".
Podemos preparar unha entrevista: "A LA MUJER MÁS IMPORTANTE DEL MUNDO" con preguntas tipo: lembras o nome do teu profe favorito? Por que era favorito? Que responsabilidades tiñas na casa coa miña idade? Quen era o teu mellor amigo-a no cole? En que pensas que me parezo a ti? Como é un día perfecto para tí? Que podería facer por tí hoxe? A que tiñas medo cando eras nena? Que tradición familiar valoras máis? Que máis nomes tiñas en mente para mín?...Podedes cambialas. Como mínimo 10?
" Unha nai ten algo de Deus e moito de anxo". Disfrutade do día...e de todos os días!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FIN DE CURSO!

Preme na liagazón : ANECDOTARIO 6ºB